Viaxantas Podcast

Cristina Terceiro

Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións. read less
Society & CultureSociety & Culture

Episodes

#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza
May 22 2022
#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza
Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados. Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Galicia Hiking, o alacantino Eugenio Plaza e a croata Marina Sokol. Con eles analizaremos o nivel de dificultade desta ruta de sendeirismo homologada, tomaremos nota dalgúns consellos e sorpresas que agocha este destino e tamén coñeceremos como nos ven dende fóra. Ademais, o ciclista rosaleiro retirado Serafín Martínez amosaranos outro xeito de vivir a experiencia dos Muíños do Folón e do Picón, a través do deporte. El é un dos impulsores do Trail do Folón que cada ano atrae a centos de persoas cara esta localidade pontevedresa.  Notas do episodio:  Galicia Hiking.Documental sobre Nemesio Castro.Turismo de O Rosal. Guía Turística do Río Miño Transfronteirizo.  Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram, e tamén en Podgalego.
#19 San Telmo en clave galega
Feb 13 2022
#19 San Telmo en clave galega
Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina-.  Falamos de La Boca, de reliquias que cruzan océanos, do Camiño Branco a Compostela, de política galega na diáspora e cultura, moita cultura.  Dalle unha escoita e se che gusta comparte.  ______________________________________________________________________________________ Notas do episodio:  Neste episodio falamos sobre o farruco, unha fala de transición que misturaba o galego co italiano. Hai uns anos falei disto na Televisión de Galicia, podes volver a velo aquí: https://youtu.be/ggF34ysBL64 Podes saber máis sobre O guía gaiteiro aquí.Podes coñecer tódalas actividades da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina aquí.  ______________________________________________________________________________________ Se che gusta o que escoitas subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram, Twitter e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
#17 Sabucedo en 360º
Dec 22 2021
#17 Sabucedo en 360º
Benvid@ a esa Galicia profunda da que moitos presumimos. Neste episodio voute levar a unha parroquia galega que cada mes de xullo protagoniza portadas en medio mundo, aínda que durante o resto do ano non saibamos tanto dela. Por que en Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar, non só unha das tradicións máis senlleiras de Galicia, senón un ecosistema único no mundo. Benvid@ a unha Rapa das Bestas en 360º .  Imos falar de moito máis ca dos días grandes da Rapa. Imos sobrevoar unha lenda que marca o carácter da veciñanza, escoitaremos sobre o valor do traballo en equipo e da defensa do rural, tamén de fixar poboación nesa terra e da preservación do monte. Ademais, contarannos sobre a beleza e os desafíos de conservar a estes cabalos salvaxes no mundo de hoxe. E para iso, acompáñannos: Paulo Vicente Monteagudo, Presidente da Asociación Rapa das Bestas e aloitador.Maruxa Obelleiro, veterinaria e integrante da asociación.Iván Sanmartín, avogado da asociación.Henrique Bazal, aloitador, expresidente da asociación e actual secretario.E Javi Brea, un deses aloitadores especiais. Que malia vivir lonxe, tamén pon o seu grao de area para que a tradición non decaia. Dalle unha escoita ao episodio 17 de Viaxantas.  Coñece máis sobre a Asociación Rapa das Bestas e sobre o estudo da Universidade da Coruña que mencionamos neste episodio.
#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth
Jul 4 2021
#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth
Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria. Colle uns tenis cómodos, pon a mochila ás costas e a túa cuncha de peregrino porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e dos Arrieiros e o de Fisterra cunha estadounidense neofalante da nosa lingua. Ela é Wendy Werneth e da súa man imos coñecer o espírito do camiño : dende as historias humanas que hai detrás de cada peregrinación a consellos prácticos para iniciar a ruta Xacobea nun ano aínda pandémico. Wendy coñece ben as dúas caras porque leva facendo diferentes camiños a Compostela dende o ano 2017. O último, rematouno hai só uns días e podes revivila experiencia, etapa a etapa, na súa canle de Youtube «Wendy speaks galego» . Déixoche o encerezo web aquí para que lle botes unha ollada. Paga a pena.   Wendy é ademáis unha viaxeira intrépida, xa visitou 117 países e sumando. Nas súas redes sociais podes coñecer cales son as súas próximas viaxes e na súa web -The Nomadic Vegan- descubrir cómo percorrelo mundo comendo vegano.  Boa escoita e bo camiño!  ________________________ Se che gusta, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo en galego. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Facebook, Instagram e Telegram. Na nosa páxina web tes toda a información: www.viaxantas.gal
#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
Apr 25 2021
#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural
No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra.  Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, para traballar, para preservalas nosas tradicións. Para iso conto con dous bos axudantes: Beatriz Pérez é experta en románico da Ribeira Sacra e outro patrimonio. Con ela falaremos dos mil e un atractivos desta zona de Galicia, das tradicións ao redor da vendimia e dos manxares que a acompañan. Podedes coñecer máis sobre o que fai na páxina web do seu emprendemento: https://maisqueromanicorutas.com/ Primitivo Lareu, de Adegas e Viñedos Lareu, contaranos tódolos segredos da viticultura heroica e do que iso implica para un negocio familiar como o que dirixe. Podes coñecelos mellor na súa web:  http://www.adegaslareu.com/ E todo isto, se esquecernos de que a Ribeira Sacra é candidata a Patrimonio da Humanidade da Unesco.  Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta. Xa sabes que podes seguirnos en: Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/  Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721  Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/ Máis en 15 días.
#7 Un tren ás nubes
Apr 11 2021
#7 Un tren ás nubes
Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo.  Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Moi boas, son Cristina Terceiro e isto é Viaxantas Podcast! Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis importante da Arxentina, o viaducto de La Polvorilla  e o seu famoso tren a las nubes. Falaremos de paisaxes únicas, pero tamén da dureza da vida na Puna salteña. Falaremos de cultura e escoitaremos músicas da zona.   Ademais, sabías que en Galicia tamén tivemos un intento de "tren ás nubes" propio. Fáloche del no episodio, pero podes coñecer tódolos detalles neste artigo que publicou La Voz de Galicia cando se cumpliron os 100 anos deste proxecto fallido: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/becerrea/2018/04/22/dia-pedrafita-quedo-trenel-bng-outeiro-pide-abrir-empresas-contratos-locales/0003_201804L22C6993.htm Tamén nos adentramos na celebración da Pachamama, contándoche algúns dos ritos fundamentais desta celebración que me pillou de paso.  Súmaste á aventura?  Se che gusta o que escoitas, subscríbete, valora e comenta.  Xa sabes que podes seguirnos en: Instagram: https://www.instagram.com/viaxantas/  Facebook: https://www.facebook.com/groups/3558732530911721  Ou bótalle unha ollada a nosa web: https://viaxantas.wordpress.com/ Máis en 15 días.